Evelyn Berezin (12 de abril de 1925, The Bronx, Nova York – 8 de decembro de 2018, Manhattan, Nova York) foi unha enxeñeira informática estadounidense.
Desenvolveu o primeiro sistema de reserva de billetes de avión para United Airlines. Tamén é coñecida como a nai dos procesadores de textos, xa que en 1968 desenvolveu a idea dun programa que permitise almacenar e editar textos.
En 1968, Berezin deseñou un procesador de textos para simplificar o traballo de oficina, e en 1969 fundou a primeira empresa en desenvolver procesadores de texto, Redactron Corporation.

