Ángela Ruiz Robles (Villamanín, 28 de marzo de 1895-Ferrol, 27 de outubro de 1975) foi unha mestra, escritora e inventora española.
Foi a inventora dunha enciclopedia mecánica que ben podería considerarse o primeiro libro electrónico da historia, estando vinte anos por diante do dispositivo deseñado en 1971 polo estadounidense Michael Hart e máis de medio século por diante dos actuais libros electrónicos.
En 1944 realiza o proxecto de atlas científico-gramatical, co obxectivo de dar a coñecer España coa gramática, a sintaxe, a morfoloxía, a ortografía e a fonética. Despois levou a cabo o proxecto da máquina taquigráfica. En 1949 desenvolveu a primeira proposta de enciclopedia mecánica.


